Síguenos en:

Millo alto oleico e corvo na carne Porco Celta

  • Incorporación de millo alto oleico e millo corvo na produción de carne de Porco Celta de calidade diferenciada (Feader 2020/056A)

As especiais características de rusticidade da raza porcina Porco Celta permítenlle unha perfecta adaptación ás condicións de hábitat dos bosques autóctonos galegos, cargados de peculiaridades orográficas e climáticas. Isto fai que estes animais poidan explotarse en réxime extensivo, obtendo deles un produto de calidade excepcional e de gran demanda por parte dos consumidores, debido ao exercicio e a una alimentación diferencial. Isto vai permitir unha diferenciación organoléptica fronte ao que se comercializa actualmente. Por tanto, a aposta pola calidade é una das oportunidades máis sólidas coas que conta o sector cárnico galego para incrementar e fortalecer a súa presenza nos mercados.

Co obxectivo de mellorar o perfil nutricional da carne, este proxecto pretende incluír “millo alto oleico” e “millo corvo” nas mesturas de cereais cos que se alimentarán os animais. Isto permitirá formular a alimentación sen incluír graxas animais e sen incluír aceite de palma, polo que se trataría de unha alimentación sen graxas engadidas e enriquecida en ácido oleico, que é considerado un ácido graxo beneficioso para a saúde. De este xeito, conseguirase unha diferenciación nutricional fronte ao que se comercializa actualmente, achegando novos produtos a un mercado cada vez máis esixente, que demanda alimentos saudables.

Para cuantificar estas características tan específicas de crianza realizarase un estudo de parámetros da calidade da canal, da carne e da graxa intramuscular de Porco Celta, sobre un total de 60 animais. Ademais realizarase un estudo económico que indique as condicións excelentes de alimentación valorando a rendibilidade en función dos custos de produción.

O obxectivo global deste proxecto é aproveitar o potencial da raza Porco Celta e facer dela un motor económico das zonas rurais de produción onde se asenta. Para conseguir esta finalidade, é necesario establecer unas pautas de explotación e manexo que permitan a obtención de produtos uniformes e de calidade máxima, capaces de satisfacer as expectativas dun consumidor cada día máis esixente.

A finalidade por tanto da presente proposta levará consigo a avaliación fa influenza da adición de “millo alto oleico” e “millo corvo” nas mesturas de cereais cos que se alimentará aos animais, tanto sobre produtividade como sobre a calidade da carne e da graxa intramuscular da raza porco celta.

Para o cumprimento deste obxectivo, formúlase os seguintes obxectivos parciais:

  1. Mobilización de terras abandonadas para realizar as plantacións dos tres tipos de millo (alto oleico, corvo e normal) que se incluirán na formulación das racións de alimento para os porcos.
  2. Análise bromatolóxigo, especialmente do perfil de ácidos graxos dos tres tipos de millo para realizar a formulación das racións de alimento para os porcos.
  3. Efecto da calidade e cantidade da graxa incluída na dieta dos animais nos parámetros de crecemento, e nas características de calidade da canal e de la carne, a influencia da súa introdución durante a etapa de acabado (últimos catro meses de vida) e durante todo o ciclo de cría. Criaranse catro lotes de porcos de 15 animais cada un. Un lote alimentarase con unha fórmula balanceada para os últimos catro meses de vida, rica en “millo alto oleico”. Os outros tres lotes (lote control, lote “millo corvo” e lote “millo alto oleico”) daráselle unha ración balanceada por idades con estes tres tipos de millo dende o nacemento ata o sacrificio.
  4. Levarase a cabo unha análise económica onde se terán en conta: a ganancia de peso, o alimento consumido, o custo da crianza, e os ingresos percibidos pola venda e o número de animais que son necesarios sacrificar para que sexa rendible a explotación.

Este proxecto pretende demostrar que é posible criar de maneira sostible e tradicional, sen renunciar a innovación, obtendo carne diferenciada e ao mesmo tempo saudable, cada vez máis demandada polo consumidor.