Síguenos en:

Servizos a socios

Asoporcel é unha entidade recoñecida oficialmente que ofrece aos seus socios servizos de xestión, asesoramento e formación en áreas como o benestar animal, a agricultura e a transferencia de tecnoloxía. Está inscrita no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia e tamén no Rexistro de entidades autorizadas para impartir cursos de benestar animal. Ademais, Asoporcel colabora coa Consellería do Medio Rural na realización de actividades de formación continua en materia agraria.

Asoporcel está oficialmente recoñecida como entidade con servizos de xestión e asesoramento, inscrita no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia, co número de rexistro EAX_19_075.

Asoporcel é entidade autorizada para impartir cursos en materia de benestar animal e está inscrita no rexistro de entidades autorizadas para impartir dita formación (BA_102/17).

Asoporcel é entidade entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria. Número de rexistro ECMR_144/22.

Asoporcel é entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria (ECMR_144/22).

 

Cursos de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, nos diferentes niveis:

  • Básico
  • Cualificado
  • Ponte
  • Piloto aplicador
  • Renovación cualificado

 

Cursos de aptitude empresarial agraria, nos diferentes niveis:

  • Explotación vacún leite
  • Gandaría extensiva
  • Cultivos extensivos
  • Cultivos intensivos
  • Fruticultura
  • Vitivinicultura
  • Gandaría sen terra
  • Apicultura
  • Aproveit. forestais
  • Diversificación de rentas

 

Cursos en materia forestal:

  • Mantemento básico e uso da motoserra
  • Mantemento básico e uso da rozadora
  • Mantemento e introdución ao uso da colleitadora forest.
  • Manexo de tractores forestais

Dende Asoporcel realízanse diversas actividades encamiñadas ao asesoramento de gandeiros e a todo o público interesado na raza Porco Celta, co fin de aumentar a viabilidade e rendibilidade destas granxas, para así obter produtos salubres e de calidade baixo o selo 100% Raza Autóctona Porco Celta.

Agrúpanse estas actividades nos seguintes bloques:

  • - Asesoramento presencial en campo.
  • - Asesoramento presencial en oficina e correo ordinario.
  • - Asesoramento vía telefónica.
  • - Asesoramento vía correo electrónico.
  • - Asesoramento en Feiras e Mostras Gandeiras.

Asoporcel pode tramitar as pólizas de Agroseguro para a recollida de cadáveres nas explotacións gandeiras dos seus asociados.

→ Para máis información, contacte coa oficina de Asoporcel (982 22 62 52).