As especiais características de rusticidade da raza porcina Porco Celta permítenlle unha perfecta adaptación ás condicións de hábitat dos bosques autóctonos galegos, cargados de peculiaridades orográficas e climáticas. Isto fai que estes animais poidan explotarse en réxime extensivo, obtendo deles un produto de calidade excepcional e de gran demanda por parte dos consumidores, debido ao exercicio e a una alimentación diferencial. Isto vai permitir unha diferenciación organoléptica fronte ao que se comercializa actualmente. Por tanto, a aposta pola calidade é una das oportunidades máis sólidas coas que conta o sector cárnico galego para incrementar e fortalecer a súa presenza nos mercados.
Co obxectivo de mellorar o perfil nutricional da carne, este proxecto pretende incluír “millo alto oleico” e “millo corvo” nas mesturas de cereais cos que se alimentarán os animais. Isto permitirá formular a alimentación sen incluír graxas animais e sen incluír aceite de palma, polo que se trataría de unha alimentación sen graxas engadidas e enriquecida en ácido oleico, que é considerado un ácido graxo beneficioso para a saúde. De este xeito, conseguirase unha diferenciación nutricional fronte ao que se comercializa actualmente, achegando novos produtos a un mercado cada vez máis esixente, que demanda alimentos saudables.
Para cuantificar estas características tan específicas de crianza realizarase un estudo de parámetros da calidade da canal, da carne e da graxa intramuscular de Porco Celta, sobre un total de 60 animais. Ademais realizarase un estudo económico que indique as condicións excelentes de alimentación valorando a rendibilidade en función dos custos de produción.
O obxectivo global deste proxecto é aproveitar o potencial da raza Porco Celta e facer dela un motor económico das zonas rurais de produción onde se asenta. Para conseguir esta finalidade, é necesario establecer unas pautas de explotación e manexo que permitan a obtención de produtos uniformes e de calidade máxima, capaces de satisfacer as expectativas dun consumidor cada día máis esixente.
A finalidade por tanto da presente proposta levará consigo a avaliación fa influenza da adición de “millo alto oleico” e “millo corvo” nas mesturas de cereais cos que se alimentará aos animais, tanto sobre produtividade como sobre a calidade da carne e da graxa intramuscular da raza porco celta.
Para o cumprimento deste obxectivo, formúlase os seguintes obxectivos parciais:
Este proxecto pretende demostrar que é posible criar de maneira sostible e tradicional, sen renunciar a innovación, obtendo carne diferenciada e ao mesmo tempo saudable, cada vez máis demandada polo consumidor.