FEIRA DO GRELO EN AS PONTES
Os días 22 e 23 de febreiro o concello de As Pontes (A Coruña) celebrará a 40ª edición da Feria do Grelo. Haberá mostra de animais vivos e unha caseta con material informativo e publicitario da raza Porco Celta, dentro da IV Exposición de Razas Autóctonas de Galicia.
XV EXPOGRELO ABADIN
O vindeiro día 22 de febreiro o concello de Abadín (Lugo), celebrará a XV edición de Expogrelo. A coñecida feira de exaltación do grelo, que se celebrará no Recinto Feiral de Gontán. O Porco Celta acompañará a celebración cunha caseta con produtos da raza, dun operador autorizado co logotipo 100 % Raza Autóctona Porco Celta.
XXIII FEIRA DO BUTELO A FONSAGRADA
O 15 e 16 de febreiro celébrase a "XXIII FEIRA DO BUTELO A FONSAGRADA", o Porco Celta participará por medio de dous operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta, que ofrecerán os seus produtos a tódolos visitantes.
XORNADA DIVULGATIVA: “EL SILVOPASTORALISMO CON CERDOS ¿UNA PRACTICA A IMPULSAR?”
O día 13 de febreiro, en "Las Caballerizas" sala Pottoka Neiker-Arkaute (Vitoria-Gasteiz), celébrase unha xornada divulgativa sobre o aproveitamento silvopastoril con porcos de razas autóctonas en reximen extensivo. A raza porcina Celta estará presente coa ponencia: "A innovación na xestión silvopastoril con Porco Celta".
XII FESTA COCIDO DO PORCO CELTA COMARCA SARRIA
O día 8 de febreiro celébrase no Mercado Gandeiro de Sarria (Lugo) a "XII Festa Cocido do Porco Celta Comarca de Sarria", como non pode ser doutro xeito o gran protagonista será o Porco Celta. Conxuntamente tamén terá lugar a "4ª Edición da Feira Internacional do Porco e os seus Produtos Gastronómicos" (FIPORCO) onde haberá un stand informativo con material publicitario do Porco Celta.