fbpx


IV XORNADA TECNICA MONOGRAFICA DO PORCO CELTA EN GALICIA

A Asociación de criadores de ganado porcino Celta (ASOPORCEL) decidiu suspender a celebración das "Xornadas Técnicas Monográficas do Porco Celta en Galicia" que terían lugar o vindeiro mes de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e que este ano chegaban a sua cuarta edición, por mor da pandemia da Covid-19.

September 22nd, 2020|Actividades de mellora|

COCIÑANDO A MARIÑA LUCENSE

O xoves, 24 de setembro, presentarase a inicitiva Cociñando A Mariña Lucense no Centro de Interpretación da Mariña Lucense (Foz); na que participarán os criadores da raza Porco Celta. Esta iniciativa ecogastronómica dará a coñecer aos produtores e alimentos da Mariña Lucense, onde a hostelería cociñará os produtos da comarca a través de vídeo-recetas e a participación da cidadanía nun concurso de receitas.

September 21st, 2020|Actividades de promoción|

MERCAPROXIMIDADE. CANLE ALTERNATIVA DE COMERCIALIZACION PRODUTOS

A Consellería do Medio Rural crea MERCAPROXIMIDADE, unha nova canle alternativa de comercialización de produtos do sector primario para dar saída ás producións de agricultores e gandeiros afectados polo peche da hostalería, a suspensión das feiras ou a clausura dalgúns mercados municipais. A apertura da canle irá acompañada dunha campaña informativa dirixida ao consumidor final para dar a coñecer aos produtores que a integran, ademais das empresas distribuidoras que colaboran. Pódese consultar a normativa completa no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200414/AnuncioG0426-130420-0001_gl.html

April 16th, 2020|Actividades de promoción|

FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE

A Feira Internacional de Galicia ABANCA decidiu que a 43ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos -Fecap Abanca, Salimat Abanca, Turexpo Galicia e Festur – previstos do 4 ao 7 de xuño, se trasladen ao vindeiro ano. Concretamente celebraranse entre o 3 e o 6 de xuño do 2021.

April 16th, 2020|Sin categoría|

AVISO IMPORTANTE

⚠️⚠️AVISO IMPORTANTE⚠️⚠️ ❌ Seguindo as instruccións establecidas polas autoridades, con respecto ao COVID-19, como medida preventiva e de responsabilidade, as instalacións da Asociación de criadores de gando porcino Celta (ASOPORCEL) permanecerán pechadas ata o dia 12 de abril 2020. Calquera consulta no ☎️ 982226252 (Horario de luns a venres de 09:00-14:00 e de 16:00-19:00). Desculpade as molestias.

March 16th, 2020|Sin categoría|