O autóctono Porco Celta protagoniza unha tese doutoral
Presentada na Facultade de Veterinaria de Lugo por Iván Manuel Rodríguez Paz, o seu percorrido pola evolución da raza Porco Celta desde os inicios da súa recuperación ata a actualidade fixo que acadara a cualificación de sobresaínte cum laude. A Facultade de Veterinaria de Lugo acolleu o pasado venres 30 de outubro a presentación da tese doutoral “Características produtivas da canal e da carne na raza autóctona porcina Celta” de Iván Manuel Rodríguez Paz, veterinario e director técnico da Asociación
Asoporcel pon en marcha a campaña “100 % Nosa” de promoción da raza nos medios
Asoporcel pon en marcha a campaña “100 % Nosa” de promoción da raza nos medios A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) vén de lanzar unha nova campaña de promoción con presenza na televisión autonómica e nas redes sociais para a difusión do Logotipo 100 % Raza Autóctona Porco Celta. “Coñeces a raza Porco Celta?” é a chamada de atención coa que Asoporcel quere atraer a novos consumidores cara os produtos derivados deste porco e reforzar así o
Campaña de promoción da raza Porco Celta
Campaña de promoción da raza Porco Celta Spot 1 Spot 2 Spot Nadal Spot 3
CURSOS ON LINE GRATUITOS
Cursos online gratuítos para traballadores e autónomos pertencentes ao sector Agricultura, Gandería e Forestal. Esta formación está subvencionada ao 100% polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social polo que non consome crédito de formación das empresas e non supón custo algún para os participantes. A inscrición para os cursos que ainda contan con prazas dispoñibles, atopase aberta e a solicitude podese facer na seguinte web: www.cursosfemxa.es/cursos-agricultura-ganaderia
XORNADA PORCO CELTA
Os días 10, 11 e 12 de outubro a cervexería Casablanca Ale (Rúa Marcelo Macías, 121 - Ourense) organiza unha Xornada do Porco Celta. O menú consistirá en embutido, hamburguesas e costela guisada.