Xa vos ensinamos como cociñar o Porco Celta… e agora dámosvos a posibilidade de degustalo!


Ofrecémosvos a oportunidade de gañar un xantar de balde para dúas persoas nun dos cinco restaurantes que colaboraron con nós ata o momento na nosa sección “Cociña con Nós”.

Cada mes, de abril a agosto, sortearemos entre o seguidores de Facebook (que comenten e compartan a publicación sinalada) unha comida nun dos locais na que poderán degustar os pratos que nos prepararon os seus cociñeiros nos vídeos.

GASTROSORTEO DE ASOPORCEL EN ABRIL: FOGAR DO SELMO (Rois, A Coruña)

COMO PARTICIPAR

Para entrar no sorteo só tes que:

  1. Ser seguidor da nosa páxina de Facebook.
  2. Compartir o post do sorteo no teu perfil.
  3. Escribir nos comentarios do post do sorteo o nome da persoa coa que che gustaría ir a esa comida. Podes comentar todas as veces que queiras: cantas máis persoas menciones… máis posibilidades de gañar!

 

PRAZOS SORTEO ABRIL

  • O prazo para participar vai dende o momento da publicación do post na nosa páxina de Facebook (o luns 12 de abril) ata o venres 30 de abril ás 14:00 horas.
  • Durante a semana do 3 de maio faremos o sorteo e anunciaremos o nome do gañador ou gañadora.

 

ESPECIFICACIÓNS

  • Cada persoa só poderá gañar unha das comidas. No caso de que saíse aleatoriamente elixida en dúas ou máis comidas, procederíase á repetición do sorteo.
  • Coa aceptación do premio, os premiados entenden que o prato ou pratos que inclúa o xantar non son [salvo excepcións xustificables] intercambiables por outra comida do menú do restaurante participante nin por ningún tipo de vale ou compensación.
  • O premio é transferible. No caso de desexalo, o gañador ou a gañadora poderá regalarlle o xantar a outra persoa.
  • Os premiados dispoñen dun prazo de dous meses dende o momento do fallo do sorteo para escoller unha data (de luns a domingo) na que organizar o xantar.
  • No caso de renuncia ao premio, volveríase realizar o sorteo entre todos os participantes coa maior brevidade posible.

 

A COMIDA

Os gañadores poderán desfrutar dos pratos a base de Porco Celta que escolla cada un dos restaurantes participantes. No caso do Fogar do Selmo, o xantar incluirá:

1º PRATO
Táboa de embutidos de Porco Celta
2º PRATO
Cocido de Porco Celta
__
Pan, bebida e postre